xoves, 12 mar 2026
A Xunta de Goberno adxudicará mañá a construción do aparcadoiro na rúa Manuel Cominges de Matamá por 1.164.000 euros, segundo avanzou hoxe o alcalde.
xoves, 12 mar 2026
Con motivo do inicio da Semana Santa comeza a tempada para os 10 quioscos de praia en Vigo. Por primeira vez poderán facelo de forma ininterrompida ata o 31 de outubro.
xoves, 12 mar 2026
Abel Caballero anunciou que a praia de Samil volverá ser o epicentro do festival e o descenso urbano mantense no centro histórico. A XXVI edición do festival reunirá a 1.500 deportistas e preto de 60 artistas. O Concello inviste 1,3 millóns de euros neste evento que converte a cidade na capital internacional dos deportes de acción e a cultura urbana.
xoves, 12 mar 2026
Abel Caballero presentou hoxe a XI edición dos xogos europeos de policías e bombeiros, “European Police & Fire Games”, que entre os días 2 e 11 de outubro reunirán en Vigo a 3.000 integrantes das forzas da orde e emerxencias de toda Europa.
xoves, 12 mar 2026
O alcalde anunciou hoxe a adxudicación, pola vía de emerxencia, das obras de reparación dun muro de contención da praia de Santa Baia de Alcabre. Súmase aos traballos de reconstrución que o Concello realiza noutros 5 muros que tamén están danados polos numerosos temporais rexistrados este inverno.
xoves, 12 mar 2026
As distincións foron aprobadas por maioría polos grupos municipais do PSdeG-PSOE e do PP e coa abstención do BNG.
xoves, 12 mar 2026
Caballero participou na recepción institucional á directiva do club francés antes do encontro europeo en Balaídos. Durante o acto, Caballero deu a benvida á delegación do club galo e destacou a relevancia de que Vigo forme parte do calendario das grandes citas do fútbol internacional. O rexedor subliñou ademais a proxección que supón para a cidade acoller encontros de competicións europeas, que atraen a afeccionados e delegacións deportivas doutros países. O alcalde trasladou tamén o seu desexo de que a expedición do Olympique de Lyon desfrute da súa estancia en Vigo e da hospitalidade da cidade, nunha xornada marcada polo ambiente futbolístico e pola presenza internacional en Balaídos.
xoves, 12 mar 2026
Vigo acolle unhas xornadas para analizar os avances e os novos desafíos das politicas de igualdade e feminismo. Os días 24 e 25 de marzo, na sala de conferencias da Sede Afundación, terá lugar un ciclo de conferencias de carácter formativo. Esta actividade está integrada no programa de actos do 8M organizado polo Concello.