mércores, 11 marzo 2026

Vigo lembra ás víctimas do 11M

mércores, 11 mar 2026

O Concello convocou esta mañá un minuto de silencio polo Día Europeo das Vítimas do Terrorismo, unha conmemoración que en España cobra especial significado polo recordo dos atentados de Madrid en 2004, que custaron a vida a 193 persoas. Con este motivo, a Corporación concentrouse na Praza do Rei en sinal de recordo solidario cos afectados polos atentados e as súas familias.