Desde Los Piratas ata hoxe: Iván Ferreiro celebra tres décadas de música cun gran concerto en Castrelos
Iván Ferreiro actuará no auditorio de Castrelos o sábado 15 de Agosto. Abel Caballero confirmou hoxe este concerto afirmando que “desde Los Piratas ata agora, Iván Ferreiro, segue sendo un xenio da música”.
Iván Ferreiro convertese no terceiro artista confirmado para o Vigo en Festas 2026. O artista nigranés parará en Castrelos o sábado 15 de Agosto coa súa xira “Hoy X Ayer” na que está celebrando os seus 35 anos de carreira. Esta xira é un repaso pola súa discografía, desde Los Piratas ata os seus éxitos en solitario, onde poderemos escoitar as cancións que marcaron diferentes épocas nun mesmo escenario. Este evento fusionará a nostalxia dos seus himnos con Los Piratas, como “Años 80” ou “Promesas que no valen nada”, e a vangarda que define a súa actual etapa en solitario, con temas como “Turnedo” ou “En las trincheras de la cultura pop”.
Iván Ferreiro é o máximo expoñente do Indie-Rock en español e acumula máis de 700 mil oíntes mensuais en Spotify. A súa canción máis escoitada é “Turnedo” que supera os 58 millóns de reproducións e foi reversionada o ano pasado. Ademais, colaborou con artistas importantes do panorama nacional como Dani Fernández, Xoel López, Tanxugueiras ou Santi Balmes, o vocalista de Love of Lesbian.
O alcalde destacou que Iván Ferreiro “é un cantante extraordinario, cun grupo fantástico”. Tamén resaltou que tiña un especial interese por traer a Ivan Ferreiro a Vigo tras as miles de peticións que tivo. Con Ivan Ferreiro o cartel de Vigo en Festas xa suma tres confirmacións, xunto a Viva Suecia e Chayanne.
- Chayanne – 30 de xulio
- Viva Suecia – 14 de agosto
- Iván Ferreiro – 15 de agosto