Escoitar

Comeza a obra da nova cuberta da grada do campo de fútbol de Samil

O Goberno local tamén intervirá no terreo de xogo, servizos e o peche perimetral do Complexo Deportivo de Samil por un importe preto do millón de euros.

martes, 10 mar 2026

“A idea é que os equipos Independiente e Casablanca poidan facer uso das instalacións renovadas a próxima temporada”, manifestou o alcalde.

Estas obras forman parte dun plan de mellora integral das instalacións deportivas cun investimento próximo ao millón de euros. A intervención na cuberta será con paneis de chapa de aceiro que permitirá mellorar a protección e a funcionalidade das grandes.

Abel Caballero tamén anunciou que a idea é comezar no mes de xuño coa substitución do actual terreo de xogo por un novo céspede artificial de última xeración. O obxectivo é afectar o menos posible á actividade deportiva durante a actual temporada.

Ademais, acometeranse melloras nas redes de augas pluviais, a creación dun sistema para reutilizar a auga de rega do campo, actuacións de saneamento, renovación do alumeado e a mellora dos peches do recinto.

O Concello ten ademais aprobado o proxecto para executar novos peches no complexo deportivo de Samil, completando así o conxunto das actuacións previstas.

“Estamos investindo preto dun millón de euros para que o polideportivo de Samil estea nas mellores condicións”, concluíu o rexedor.

Descargar todas as imaxes