Escoitar

Os colexios públicos de infantil e primaria terán 354.000 euros do programa de autoxestión do mantemento

Os consellos escolares dos 51 colexios públicos de educación infantil y primariia de Vigo contarán este ano con 354.000 euros para afrontar as pequenas obras do mantemento, a conservación e reparación das instalacións dos centros.

luns, 9 mar 2026

Abel Caballero recordou hoxe que a dotación económica para o programa de autoxestión dos colexios públicos de Vigo, aprobada pola Xunta de Goberno do Concello de Vigo, conleva que os centros se encargan das tarefas que requiren unha reparación inmediata e que son de pequena entidade. “Este programa que desenvolvemos desde hai anos permite o mantemento, a reparación e conservación” das instalacións docentes, remarcou.

Orzamento

O alcalde lembrou que o Concello contempla un orzamento anual de 19.278.000 millóns euros. “Estamos a cubrir cuestións de educación a que ten que facer e que non fai a Xunta de Galicia”, afirmou o rexedor.

  • 7.900.00 euros para tarefas de mantemento e conservación na rede de centros públicos de infantil e primaria onde estudan preto de 11.000 nenas e nenos.
  • 3.415.000 euros para programas de mellora de competencia lingüística, “Vigo en Inglés” no que participan máis de 1.000 estudantes de secundaria e as 50 axudas para estudantes da Escola Oficial de Idiomas.
  • 2.700.000 euros para as 9 escolas infantís municipais.
  • 2.100.000 euros para as escolas municipais de Artes e Oficios, EMAO; de Música, EMMV, de Música Tradicional, E-TRAD; a Escola de Teatro, EMTV e a Escola de Danza. 
Descargar todas as imaxes