Chayanne traerá os seus grandes éxitos a Castrelos este verán
O artista portorriqueño actuará en Vigo o xoves 30 de xulio. Subirá ao auditorio de Castrelos tras “miles e miles de peticións” da xente da cidade, declarou Abel Caballero.
O segundo confirmado para o Vigo en Festas 2026 foi desvelado onte polo alcalde. O portorriqueño Chayanne estará no auditorio de Castrelos o xoves 30 de xulio cantando tódolos seus grandes éxitos, como “Torero”, “Bailando Bachata”, “Dejaría todo” ou “Salomé”.
Chayanne é un artista consolidado no xénero do pop latino a nivel internacional tras máis de catro décadas dedicadas á música. O portorriqueño vendeu máis de 50 millóns de discos ao longo da súa extensa carreira e ten 25 cancións que chegaron a ser número 1 nas listas deéxitos. O cantante internacional chega a Vigo coa súa xira “Bailemos otra vez” coa intención de facer bailar a todos os asistentes. As súas cancións acompañaron a varias xeracións, acumulando 16,1 millóns de oíntes mensuais en Spotify e máis de 300 millóns de reproducións. As súas xiras internacionais reúnen a miles de espectadores, consolidándose como un dos artistas latinos máis éxitosos en directo.
O alcalde resaltou que “tivemos miles e miles de peticións para traer a Chayanne, e se mo pide a xente de Vigo pois ten que vir Chayanne”. Co portorriqueño a cidade olívica gozará da súa longa discografía e bailará os seus grandes éxitos.
Chayanne súmase ao cartel de Vigo en Festas no que xa está tamén confirmada a actuación do grupo Viva Suecia.
- Chayanne – 30 de julio
- Viva Suecia – 14 de agosto