O Concello atendeu en marzo as necesidades de 137 persoas sen teito
O dispositivo de frío do Concello de Vigo atendeu a 340 personas desde xaneiro, segundo avanzou hoxe Abel Caballero.
O alcalde explicou este mércores que do total de persoas atendidas este mes, 27 foron derivadas a albergues e que o Concello asumiu 293 pernoitas en hostais. A estes recursos súmanse as 38 camas do albergue municipal, ampliadas con 4 de emerxencia. Lembrou que o Concello destina máis dun millón de euros anuais a atender ás persoas sen teito e que o dipositivo de frío municipal mantivo a actividade da Unidade de rúa para ofrecer mantas e bebidas quentes, ademais de atención profesional.
O Concello atendeu desde o 15 de xaneiro as necesidades de 340 persoas sen fogar.
Becas de libros e material escolar
Caballero referiuse esta mañá ao acordo de onte do Consello de Ministros co criterio de repartición de fondos para o programa de financiamento de libros de texto e materiais didácticos en 2026, dotado con 58.559.610 euros. Esta decisión fixa unha asignación de 2,4 millóns a Galicia, que non conleva unha transferencia a Vigo por parte da administración galega. “Vigo, a través do plan concertado, recibe cero euros da Xunta e queremos que esas axudas se adxudiquen a través do plan concertado porque non sabemos cantos deses millóns que recibe dedica a Vigo. Temémonos que, como sucede sempre, estean a facer caixa á conta da cidade”, afirmou.
O rexedor lembrou que este curso o Concello aprobou 3.500 becas de comedor e 1.070 de libros cun orzamento superior aos 2 millóns.