O Goberno local adxudica as obras do aparcadoiro de Matamá con 127 prazas
A Xunta de Goberno adxudicará mañá a construción do aparcadoiro na rúa Manuel Cominges de Matamá por 1.164.000 euros, segundo avanzou hoxe o alcalde.
O novo estacionamento de Matamá, que facilitará 123 prazas en batería e 4 para persoas con mobilidade reducida, construirase nun solar de titularidade municipal nas rúas dos Canteiros e Manuel Cominges, lembrou este xoves o alcalde ao destacar que as obras se executarán en nove meses.
A rúa Manuel Cominges, fronte ao colexio Josefa Alonso, será o punto de acceso ao aparcadoiro, que contará cun vial con acceso á rúa dos Canteiros.
As obras, que conlevarán a mellora da seguridade viaria, tamén contemplan a renovación dos colectores de auga e das redes de servizos, ademais do soterramento de todas as canalizacións da iluminación pública. Ademais, contará con nova iluminación e zonas axardinadas.