O novo parque de Navia contará con 158 árbores de gran porte
O rexedor indicou que no día de onte "instaláronse 17 bidueiros" e hoxe "plantarán 14 cedros, completando os 158 a finais desta semana".
O rexedor indicou que no día de onte "instaláronse 17 bidueiros" e hoxe "plantarán 14 cedros, completando os 158 a finais desta semana".
Vigo pechará 2023 batendo o seu récord histórico de visitas turísticas, tanto nacionais como internacionais. O dato oficial do Instituto Nacional de Estatística do pasado mes de outubro constata un incremento do 13,5 por cento, e confirma a tendencia de aumento rexistrada desde xaneiro.
A Casa Galega da Cultura acolle este mércores 29 de novembro un encontro de lectura coa música como fío condutor.
O goberno local ofrece un curso de iniciación á poda de árbores o 2 de decembro en VigoZoo. Esta formación ten un aforo de 20 persoas e as persoas interesadas deberán inscribirse na taquilla de VigoZoo ou no número de teléfono 986 267 783. O curso ten unha duración de tres horas, onde o alumnado aprenderá cando é necesario ou non podar unha árbore ou arbusto, así como coñecer como se realizan os cortes para o correcto peche das feridas de poda e evitar a entrada de patóxenos. O curso inclúe formación práctica.