Escoitar

O voluntariado cultural do Concello celebra unha xornada de lectura e música

A Casa Galega da Cultura acolle este mércores 29 de novembro un encontro de lectura coa música como fío condutor.

martes, 28 nov 2023

O alcalde puxo en valor o traballo que desenvolve o persoal de voluntariado do Concello como “unha parte moi importante da cidade, un corazón extraordinario. E Vigo ten un voluntariado excepcional”, engadiu.

O Concello organiza este mércores, 29 de novembro, un encontro de lectura do grupo de voluntariado cultural municipal coa música como fío condutor. As persoas participantes farán lecturas sobre a historia, vida, traxectoria de intérpretes e escritores relacionados coa música, completando a lectura con pequenas "cuñas" sonoras dalgunhas das obras de compositores e músicos como Vivaldi, Leonard Cohen, Luis Cernuda, Lorca, Doménico Zipoli, Ennio Morricone, Chopin, Verdi ou Beethoven.

Tal e como sinalou o rexedor, o Concello conta con 700 persoas rexistradas no programa de voluntariado para apoiar a entidades sociais, culturais e deportivas e ten en marcha unha campaña de fomento do voluntariado entre os escolares da cidade para que coñezan a importancia do seu labor.

Descargar todas as imaxes