venres, 1 dec 2023
O alcalde avanzou este venres o acordo da Xunta Local de Goberno para licitar as obras de renovación do Parque Camilo José Cela. Lembrou que o proxecto, que conleva un investimento de 394.000 euros, desenvolverase coa percepción de 120.000 euros de fondos europeos Next Generation EU provenientes do Goberno de España.
venres, 1 dec 2023
O Concello contribuirá a garantir a calidade e dignidade de vida das persoas con VIH. Este compromiso foi expresado este venres pola concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, no acto de conmemoración do “Día Mundial da Sida”, organizado conxuntamente con Cesida, e que leva por lema “Envellecemento e calidade de Vida para todos e todas” e "Que lideren as comunidades".
venres, 1 dec 2023
A primeira tenente de alcaldía, Carmela Silva, e o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, inauguraron no Museo Quiñones de León a mostra “Alice Austen. Desfacer o xénero”, con obras da creadora norteamericana que está considerada unha das primeiras e máis prolíficas fotógrafas dos Estados Unidos, e precursora da liberación das mulleres. A mostra está composta por 36 fotografías a muro, 3 wallpaper e 11 fotografías en vitrina.