O gobierno licita a redacción do proxecto de prolongación do túnel de Elduayen
Abel Caballero anunciou este venres que a primeira xunta local de goberno ordinaria de decembro acordou licitar a redacción do proxecto das obras da prolongación do túnel de Elduayen ata a rúa Torrecedeira.

O alcalde explicou que o Concello, tras a peonalización da Porta do Sol e da rúa Elduayen, “segue adiante” coa prolongación do túnel de conexión con Torrecedeira, xa que se licitou o proxecto que sinalará o trazado para partir do encontro co novo vial do Barrio do Cura.
O rexedor indicou que se destinarán 288.000 euros ao deseño da nova comunicación. “Teñen que dicir por onde temos que levar o vial e a forma en que salvamos a muralla”. Caballero explicou que, redactado o proxecto, remitirase ao departamento de Patrimonio Histórico da Xunta “para as cautelas arqueolóxicas que pode haber”. A partir de aí, iniciarase a obra.

