xoves, 30 nov 2023
A fisonomía do Casco Vello de Vigo avanza no seu proceso de transformación coa entrada en actividade do novo Centro de Formación e Emprego construído no número 23 da Rúa Alta. A obra, cun orzamento de 776.360 euros, está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, no marco da liña de actuación 19 da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado, EDUSI VigoVertical, de accións formativas e de especialización para colectivos en risco de exclusión.
xoves, 30 nov 2023
Abel Caballero constatou este xoves que a Xunta de Galicia segue incumprindo en Vigo as súas competencias en política social de vivenda lembrando que o Concello mantense como a única administración que proporcionou aloxamento ás persoas afectadas polo incendio rexistrado na rúa Alfonso X O Sabio.
Actos 25 N
xoves, 30 nov 2023
Este sábado, 2 de decembro, finaliza o programa de actos organizado polo 25N co concerto de "Las Antonias", banda galega integrada por mulleres e nada no 2015. Terá lugar ás 20:00h no salón de actos do MARCO. A entrada será libre ata completar o aforo. O seu espectáculo "Boleros y otras delicias" versiona os clásicos boleros reinventando as súas letras e dándolles aires máis novos e humor. Elas mesmas defínense como "perfectas destripadoras de boleros e outras delicias.