Caballero: “O centro municipal da Praza da Princesa será un polo de atracción social”
Abel Caballero avanzou este mércores que o centro municipal de servizos sociais da Praza da Princesa, finalizadas as obras que supuxeron a súa reforma integral financiadas entre o Concello e o goberno central a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado, EDUSI, VigoVertical, vaise converter nun polo de atracción social do que se beneficiarán tanto os 5.581 veciños do Casco Vello como os máis de 300.000 habitantes de Vigo.

O alcalde afirmou que o remodelado centro municipal de servizos sociais do Centro histórico de Vigo conleva unha mellora substancial na atención a todas as persoas e aos distintos colectivos, así como na ampliación dos programas. “Aparecen novos espazos multifuncionais e, por tanto, mellórase moito a calidade urbana do centro da cidade”, remarcou.
Caballero sinalou que a remodelación total do equipamento municipal, cun investimento de 736.618 euros, está cofinanciada, con 432.000 euros, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado, EDUSI, VigoVertical. “Son fondos comunitarios que se enmarcan na liña 21 da EDUSI, para reestruturación da asistencia social no centro da cidade, que nos chegan a través do goberno de España”, indicou.
O rexedor insistiu en que os servizos do Casco Vello “van mellorar de forma moi importante”.







