Escoitar

O novo parque de Navia contará con 158 árbores de gran porte

O rexedor indicou que no día de onte "instaláronse 17 bidueiros" e hoxe "plantarán 14 cedros, completando os 158 a finais desta semana".

martes, 28 nov 2023

Abel Caballero, coa colocación da primeira pedra a principios do pasado mes de outubro, realizou a posta en marcha das obras da primeira fase de remodelación do Parque Nelson Mandela de Navia, que conta cun prazo de execución de cinco meses e un investimento de 1,5 millóns de euros. A remodelación do parque estenderanse ao longo dunha superficie de 90.000 metros cadrados "coa que lograremos unha mellor integración entre o entorno urbano e o paisaxístico".

Entre as melloras a realizar está a creación de zonas verdes coa plantación de 158 árbores e 4.000 metros cadrados de arbustos,  coa que "lograremos xerar un gran bosque". Ademáis abriranse novos itinerarios cos que crear unha conexión directa entre as sendas existentes no parque, cunha extensión de 700 metros cadrados.

A maiores redefiniranse as zonas de xardín coa instalación de rocalla, cortiza de piñeiro e céspede, ademáis de renovar o pavimento e instalar unha nova rede de rega adaptada ás novas zonas verdes e ás árbores. Recolleranse as augas pluviais coa instalación de canles de formigón e tubos de drenaxe.

Descargar todas as imaxes