Escoitar

O Concello urxe á Xunta unha partida en 2024 para ampliar o túnel de Beiramar

O Concello reclama á Xunta que os orzamentos de 2024 inclúan unha partida para executar as comprometidas obras de ampliación do túnel de Beiramar ata a rúa Coruña. Así foi acordado este luns no Pleno da Corporación Municipal cos votos dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e do BNG e coa abstención do PP.

luns, 27 nov 2023
A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride
A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride

O Concello de Vigo rexeitou no Pleno deste luns os argumentos ao redor daS dificultades técnicas esgrimidos pola Xunta para desistir no proxecto de ampliación do túnel de Beiramar ata a rúa Coruña, e instou á administración galega a consignar unha partida no orzamento de 2024 para executar as obras que acumulan un atraso de máis dunha década. A reclamación presentada polo grupo municipal socialista contou co apoio dos tres edís do BNG.

A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, incidiu en que mentres en cidades como A Coruña consígnanse 20 millóns de euros para melloras na fachada marítima; e dedícanse en Ferrol 2,8 millóns para mellorar a reordenación do tráfico na contorna marítima, e máis de 5 millóns da fachada marítima, “existan 0 euros para facer o túnel de Beiramar”.

María Xosé Caride preguntou no Pleno polo destino do proxecto no que a Xunta investiu un millón de euros, “e que leva 13 anos gardado nun caixón”. Lembrou que a administración galega comprometeu 37,5 millóns para executar o túnel.

O portavoz do BNG, Xavier Pérez, explicou que as emendas aos orzamentos da Xunta inclúen as obras de prologación do túnel de Beirarmar, entre as reclamacións para que execute outras infraestruturas.

O grupo municipal do PP centrou as súas críticas nos atrasos de proxectos no Campus do Mar e en Navia. Ante estes argumentos, a concelleira de Urbanismo afirmou que o Concello está disposto a iniciar as obras no momento en que a Xunta transfira os recursos económicos necesarios no caso da residencia na antiga ETEA, á vez que demanda o prazo de investimento para o centro educativo de Navia.

Descargar todas as imaxes