Xornadas formativas "O negacionismo é machismo"
O Concello organiza as xornadas formativas “O negacionismo é machismo”, que se realizan os días 27 e 28 de novembro na sala de conferencias da sede Afundación.

As xornadas teñen como obxectivo fomentar a participación e a implicación da poboación na promoción dunha cultura igualitaria e na prevención da violencia de xénero; habilitar un espazo e tempo de formación e reflexión persoal en relación á igualdade e a violencia de xénero e visibilizar a violencia de xénero como manifestación extrema da desigualdade coa finalidade de acadar un cambio de modelo de relación social baseado na igualdade.
Contarase coa presenza das seguintes relatoras: Yolanda Domínguez Rodríguez, Paz Filgueira Paz, Cira García Dominguez, Silvia Buabent Vallejo, Priscila Retamozo Ramos, Cristina Louzán García, As Peaky Branders (Iria Otero e Sara Piñeiro), e Silvia Pérez Freire.
As persoas que asistan á totalidade das xornadas recibirán diploma acreditativo da súa asistencia emitido polo Concello.