Escoitar

María Xosé Queizán, Premio Laxeiro 2024

A escritora viguesa foi designada “por aclamación” polo Padroado da Fundación Laxeiro que recoñece a súa traxectoria e a súa dedicación para potenciar a cultura galega.

xoves, 23 nov 2023
Foto de aquivo do alcalde con María Xosé Queizán na entrega do Premio Ernestina Otero de Igualdade 2019
Foto de aquivo do alcalde con María Xosé Queizán na entrega do Premio Ernestina Otero de Igualdade 2019

O alcalde informou este xoves da concesión do galardón a unha “muller extraordinaria e irrepetible da cidade de Vigo” cuxa traxectoria a fai “sobradamente merecedora de recibir este galardón”.

O Padroado da Fundación vén de adoptar a decisión “por aclamación” recoñecendo a súa dedicación para potenciar a cultura galega, a través da escrita e unha evidente independencia e liberdade creativa e de pensamento.

De María Xosé Queizán valora tamén o Padroado o seu compromiso con diversas iniciativas teatrais, editoriais e de reivindicación feminista desde épocas ben temperás. Fundou en 1959 a compañía “Teatro de arte e ensaio da Asociación da prensa de Vigo, foi a fundadora da revista “Festa da Palabra Silenciada” cuxo consello de redacción estaba integrado só por mulleres e tivo un “papel importante” como vicepresidenta do Consello Municipal da Muller de Vigo.

 

Descargar todas as imaxes