Escoitar

Caballero chama a participar na carreira solidaria "Érguete e corre"

Abel Caballero presentou este mércores, xunto ao concelleiro de Deportes Manel Fernández, a última gran carreira solidaria de Vigo en 2023: a VI edición da competición “Érguete e corre”, programada para o domingo 3 de decembro.

mércores, 22 nov 2023
Abel Caballero coa directora de Érguete e patrocinadores da carreira
Abel Caballero coa directora de Érguete e patrocinadores da carreira

Solidariedade e competividade son os ingredientes principais da carreira integrada no circuíto Run Run Vigo "Érguete e corre",  que está organizada pola Asociación de Loita contra a Droga Érguete, e que xa conta coa inscripción de 255 persoas. Así o destacou este mércores o alcalde de Vigo ao incidir en “a importante dose de solidariedade” da proba deportiva, e realizar un chamamento á participación e á cooperación. “A causa de Érguete é extraordinaria”, recalcou tras expresar o recoñecemento ao traballo que desenvolve a organización.

A directora de Érguete, Elvira Rivas, recalcou a transcendencia de que a carreira estea integrada no circuíto Run Run Vigo “porque nos dá visibilidade ao noso colectivo e unha forma de homenaxear ás nais que hai 40 anos saíron á rúa para marcar un antes e un despois da revolución que fixo que toda a cidadanía tivese presente o que ocorría cos nosos fillos”. Incidiu en que o deporte é unha ferramenta moi importante na loita contra a drogadicción “porque axuda a previr moitas condutas adictivas”. Apuntou que todos os fondos que se recadan invístense en dous proxectos: a xestión emocional a través do teatro, e a reciclaxe das lonas en bolsos ou outros complementos de moda sostible.

O prazo de inscrición da carreira que comeza e acaba no centro comercial Vialia, e conta cun circuíto de 5 quilómetros de lonxitude, está aberto ata o mércores 29 de novembro. Os interesados poden anotarse na web: www.magmasports.es

Abel Caballero coa directora de Érguete e patrocinadores da carreira
Abel Caballero co concelleiro de Deportes na presentación da carreira Érguete e Corre
Descargar todas as imaxes