martes, 21 novembro 2023

Vigo dará comezo ao Nadal o venres 24 de novembro ás 20 horas

O alcalde anunciou que Vigo acenderá os 11,5 millóns de luces led nun acto na Porta do Sol o venres 24 de setembro ás 20 horas. O goberno local alumeará 450 rúas con máis de 6.000 estruturas, 4.000 arcos e motivos, 3.000 árbores e 56 elementos de gran tamaño. Abel Caballero dará comezo ao “Nadal en todo o mundo” cando o cronómetro situado no farol de Urzáiz chegue a 0, cun espectáculo de luz e son na árbore, que este ano mide 44 metros. O Nadal esténdese por toda a cidade con elementos 3D decorativos en Teixugueiras, Gregorio Espino, Bouzas, Praza Independencia e Progreso.

O Concello desprega once corredores de emerxencia

martes, 21 nov 2023

Vigo convértese desde esta semana na primeira cidade europea en contar cun sistema de tráfico que permite despregar once corredores de emerxencia para dar prioridade ao tránsito dos vehículos de Policía e Bombeiros. O dispositivo foi presentado este martes polo alcalde Abel Caballero e pola concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez.

Escolares do CEIP Altamar visitan o corazón do Concello

martes, 21 nov 2023

Un grupo de 45 alumnos de 5ª e 6ª de Educación Primaria do CEIP Altamar recibiron este martes unha lección especial sobre a importancia para a cidadanía de Vigo do traballo que desenvolve o Concello. Os participantes no programa “Visita o teu Concello” foron recibidos por Abel Caballero no seu despacho da Alcaldía, onde explicou as facetas da acción municipal en ámbitos importantes para os escolares, como as bolsas de comedor e as de libros, entre outras.