O Concello mantén o apoio gratuíto a pemes e autónomos a través de VigoEmprende
Abel Caballero asistiu ao primeiro obradoiro sobre marketing, finanzas e estratexia empresarial que está a desenvolver o programa municipal VigoEmprende. Desde 2020 atendéronse 5.000 servizos a empresas para o apoio na súa implantación e consolidación de negocio así como asesoría fiscal, xurídica ou tecnolóxica.