mércores, 22 nov 2023
O goberno municipal ten en marcha un Plan de Mobilidade para o Nadal e un específico para o día do acendido, este venres 24 de novembro, que poden consultarse na web www.vigo.org.
mércores, 22 nov 2023
Abel Caballero presentou este mércores, xunto ao concelleiro de Deportes Manel Fernández, a última gran carreira solidaria de Vigo en 2023: a VI edición da competición “Érguete e corre”, programada para o domingo 3 de decembro.
mércores, 22 nov 2023
Abel Caballero reivindicou o “peso” propio da celebración do Nadal en Vigo a dous días do acendido oficial, programado para as 20.00 horas do venres. “En pouco máis de 48 horas arrinca o Nadal do planeta”, afirmou ao asistir á estrea do photocall despregado no centro comercial Travesía coa fotografía da cantante norteamericana Mariah Carey. Acompañado polos concelleiros Ángel Rivas e Ana Laura Iglesias, o alcalde apuntou a singularidade da árbore de Nadal “que contará cun xogo de luces marabilloso”, e indicou que competir con Vigo é unha “tarefa van”.
mércores, 22 nov 2023
“Tecendo mundos feministas: desfacer a violencia e reparar a esperanza” é o lema do relatorio que o xoves 23 terá lugar ás 19.00h no Auditorio Municipal e que forma parte dos actos do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.