O goberno local invita aos escolares a participar nunha campaña de fomento do voluntariado
Abel Caballero anunciou este martes que o Concello proxecta “potenciar e fomentar de forma notable” en Vigo o voluntariado. Para conseguir este obxectivo desenvolverase unha campaña informativa que colocará o eixo nos centros educativos e na mocidade viguesa.

Estender o voluntariado nunha urbe que conta con 700 rexistrados para apoiar a entidades sociais, culturais e deportivas, é o obxectivo fixado polo goberno local coa iniciativa informativa que trasladará á mocidade e aos axentes sociais a importancia deste traballo.
A campaña foi anticipada polo alcalde ao explicar que todos os centros escolares de Vigo foron convidados a participar nas xornadas informativas sobre as accións que leva a cabo a oficina municipal do voluntariado. Trátase de “implicarlos” o máximo posible, afirmou.
A primeira visita á oficina municipal do voluntariado será protagonizada, o próximo 14 de decembro, polos estudantes do CEIP Altamar.