Caballero tende a man ao sector naval para orientar a formación á demanda das empresas
O alcalde pechou o encontro empresarial sobre o talento no sector onde puxo de manifesto “que para Vigo é vital que Navalia continúe a súa acción”. Abel Caballero tendeu a man ao naval para orientar a formación á demanda das empresas “co obxectivo de seguir sendo competitivos”. Pediu ante os empresarios trazar a demanda e a necesidade e anunciou que solicitará a cooperación do Ministerio de Educación neste ámbito. “É necesaria una adecuación da formación e a mobilización, para informar do sector naval noutros territorios, como no interior do país, onde non hai unha cultura do mar pero seguramente moitas persoas estean interesadas en formarse e traballar neste eido”, declarou. Para o rexedor, Vigo non se entende sen o naval e aposta por priorizar o sector para que “igual que cando as persoas escoitan a palabra Nadal pensan en Vigo, cando alguén diga Naval tamén ten que pensar en Vigo, e podemos conseguilo”, concluíu.
Descargar todas as imaxes