Escoitar

Fin de semana de artes escénicas no Auditorio Municipal

Espectáculos clown, danza, música e teatro de sombras centran a programación de Vigo Cultura de esta fin de semana no Auditorio Municipal.

venres, 24 nov 2023

VENRES 24 NOVEMBRO, ás 20:00h: Cía. Pepa Plana: “Si tú te vas”

Unha xanela, unha luz. Outra xanela, un cotián. Outra xanela, un edificio onde tres mulleres nos falan dun non poder parar. Todo se afunde, rompe, a maldita guerra eterna! Tres pallasas atópanse neste camiño do éxodo antigo para recrear o mundo e devolvernos o pracer de rirnos das cousas máis pequenas, pero poñendo o dedo na chaga cando as cousas nos molestan. Viven nas historias que nos explicaron nos contos e utilizan números de pallasos antigos para reafirmar a vontade feminina de ser cómicas. Tres heroínas esquecidas que nos explican a súa historia coa vontade de rir e facer rir, para vivir na nosa memoria.

Idioma: castelán

Idade recomendada: adulto

Duración: 75 minutos

Prezo da entrada: 12 €

SÁBADO 25 NOVEMBRO, ás 20:00 h: Laboratorio escénico “Blues de medianoite-Versión Estendida”

Cando cae a noite e entra a melodía, acéndense as luces para min.

Blues de Medianoite – Versión Estendida entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento e na música, nunha viaxe no tren clandestino que conduce á liberdade. Pon en valor as grandes damas do blues e a riqueza rítmica que vén directamente de África, sempre dende un filtro persoal. Isto é, o NOSO Blues.

É un espectáculo multidisciplinar (danza, música e teatro) que transita entre o formato escénico e o formato concerto. É un espectáculo feminista, que parte do histórico para chegar á intimidade de cada persoa, recreando a poética do imaxinario propio deste xénero musical, grazas á luz, que nos traslada ao club, ao tren, ao cruce de camiños...

Idioma: galego

Idade recomendada: adulto

Duración: 70 minutos

Prezo da entrada: 10 €

DOMINGO 26 NOVEMBRO, ás 18:00 h: Luz, micro y punto: “Años luz”

Lady Di Fusa leva toda a noite traballando e non consegue compoñer unha peza musical. Esgotada, queda durmida sobre os instrumentos e ao espertar algo cambiou; as súas mans xa poden interpretar esas melodías que imaxina. Desas notas irán xurdindo imaxes que con luces, sombras e cores, narrarán unha historia fantástica de dúas marionetas que espertan nun armario e pouco a pouco adquiren vida. As dúas personaxes, desde ese momento, van contarnos a relación entre unha boneca de madeira e un ovo azul, a partir dos seus primeiros sentimentos de amor, envexa, soidade e alegría.

“Años Luz” fala da amizade e a forza desa unión, de historias apaixonantes desas personaxes que permanecerán unidas superando calquera obstáculo.

Un teatro de sombras contemporáneo onde se verá a montaxe de cada escena acompañada de música en directo.

Idade recomendada: familiar, a partir de 5 anos

Duración: 47 minutos

Prezo da entrada: 5 €

Descargar todas as imaxes