Caballero: “O centro municipal da Praza da Princesa será un polo de atracción social”
Abel Caballero avanzou este mércores que o centro municipal de servizos sociais da Praza da Princesa, finalizadas as obras que supuxeron a súa reforma integral financiadas entre o Concello e o goberno central a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, no marco da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado, EDUSI, VigoVertical, vaise converter nun polo de atracción social do que se beneficiarán tanto os 5.581 veciños do Casco Vello como os máis de 300.000 habitantes de Vigo.