Escoitar

O Concello compromete o seu apoio na defensa dos dereitos das persoas con VIH

O Concello contribuirá a garantir a calidade e dignidade de vida das persoas con VIH. Este compromiso foi expresado este venres pola concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, no acto de conmemoración do “Día Mundial da Sida”, organizado conxuntamente con Cesida, e que leva por lema “Envellecemento e calidade de Vida para todos e todas” e "Que lideren as comunidades".

venres, 1 dec 2023
A concelleira Yolanda Aguiar con Cándida Álvarez
A concelleira Yolanda Aguiar con Cándida Álvarez

O goberno de Vigo quere cooperar no cumprimento dos obxectivos marcados pola Coordinadora estatal de VIH e Sida, Cesida, para “garantir a dignidade e o envellecemento con calidade de vida” dos afectados.

Con esta declaración, a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, instou este venres, no acto organizado por Cesida con motivo do “Día Mundial do Sida”, a “non faltar mais ao respecto ás persoas con VIH”, en resposta aos concellos e gobernos autonómicos que despregan discursos machistas, homófobos, transfóbicos, xenófobos, excluíntes e estigmatizadores.

A edil apuntou que o Concello, “a diferenza doutras voces que se alzan noutras institucións”, mantén o apoio expresados durante os últimos anos ás reinvidicaciones das persoas con VIH. “Necesitamos visibilizar a Sida e falar del con normalidade e transcender o muiedo, tantas veces enraizado na desinformación, o estigma e a discriminación”, reclamou.

A presidenta e coordinadora de Cesida en Vigo, Cándida Álvarez, afirmou na lectura do manifesto, que coa Sida convertida en enfermidade crónica é necesario un sistema de atención integral da saúde, tanto física como psíquica. “Temos dereito á saúde mental”, reivindicou, no acto que contou ca colaboración de AGAVIH y SOGAISIDA.

As fontes da rúa Aragón tíñense coa luz vermella do D´ia Mundial do VIH

As fontes da rúa Aragón iluminaranse mañá de vermello en conmemoración do “Día Mundial do VIH”.

A concelleira Yolanda Aguiar con Cándida Álvarez
A concelleira Yolanda Aguiar na presentación do "Día Mundial do Sida"
Descargar todas as imaxes