xoves, 23 feb 2023
O Concello rehabilita esta zona coa musealización do Castro, unha recuperación do patrimonio e un novo atractivo turístico na cidade de Vigo.
xoves, 23 feb 2023
Completa así o corredor mecánico en dous tramos entre Travesía e Aragón, o que supón un investimento na zona de 1.592.000 euros. O alcalde tamén lembrou que o Concello está a avanzar na tramitación para a instalación doutro elemento mecánico entre Travesía e a Finca Matías.
xoves, 23 feb 2023
Seis localizadores de prestixio nacional e internacional visitan Vigo coa intención de incluír localizacións da cidade en próximas rodaxes. Os profesionais teñen traballado en grandes producións como “A casa de papel”, “The Crown” e campañas de publicidade internacionais.
xoves, 23 feb 2023
Abel Caballero clausurou a xornada celebrada na sede de Zona Franca "A aplicación e implicación da economía circular nas estratexias públicas e privadas", onde expresou ante o tecido empresarial que "a economía circular é unha nova forma de entender na economía na que vivimos". O alcalde afirmou que estamos "ante novos valores na sociedade onde antigas formas de explotación empresarial xa non son tolerables". Zona Franca e a organización contaron coa presenza de Caballero para expresar as mellores prácticas e estratexias públicas neste eido.
xoves, 23 feb 2023
Serán 14 tótems triangulares nos que se fala das características da camelia, co ornamentación da flor que dai nome á exposición. Vigo celebrará o 58º Concurso Exposición Internacional da Camelia os 4 e 5 de marzo no Auditorio Mar de Vigo.
xoves, 23 feb 2023
A Bandeira Concello de Vigo de bateis volve este sábado ás augas da ETEA (15:30 horas), co patrocinio municipal e a organización do Club de Remo Virxe da Guía.