O goberno local adxudica a rampla mecánica entre Santo Cura de Ars e Aragón
Completa así o corredor mecánico en dous tramos entre Travesía e Aragón, o que supón un investimento na zona de 1.592.000 euros. O alcalde tamén lembrou que o Concello está a avanzar na tramitación para a instalación doutro elemento mecánico entre Travesía e a Finca Matías.
O Concello avanza na conexión entre Travesía de Vigo e Aragón con elementos mecánicos para salvar a pendente entre ambas rúas. O alcalde deu conta da Xunta de Goberno que adxudicou a rampla mecánica entre Santo Cura de Ars e a rúa Aragón cun importe de 871.000 euros. Recentemente o goberno local adxudicou tamén o ascensor desde Travesía ata a igrexa, polo que completa as dúas pezas do corredor mecánico.
“Neste momento temos obras de Vigo Vertical na zona de Aragón e Travesía por valor de 1.592.000 euros e estamos a avanzar na tramitación do elemento mecánico que unirá Travesía coa Finca Matías onde haberá un parque e parque infantil”, declarou o rexedor.
Abel Caballero tamén deu conta da aprobación da pavimentación e humanización de Doutor Cadaval “para incluíla na nova dinámica de humanizacións” cun importe de 74.000 euros e execución en dous meses. Tamén deuse luz ver ao proxecto de humanización, saneamento e abastecemento da rúa Ceboleira e o cambio dun colecto por importe de 170.000 euros entre a rúa Lalín e A Estrada.
Policía Local
O goberno local tamén aprobación o nomeamento como funcionarios de carreira a 39 policías locais. O alcalde lembrou que a semana pasada foron nomeados 32 máis e o 10 de marzo incorporaranse 10 oficiais, polo que neste momento están activos 370 activos policiais.
Caballero anunciou que o Concello convocará 13 prazas máis na nova oferta de emprego público polo que haberá un total de 383 policías locais en Vigo.