Caballero desexa ao Virxe da Guía “unha gran tempada de bateis” na presentación da Bandeira Concello de Vigo
A Bandeira Concello de Vigo de bateis volve este sábado ás augas da ETEA (15:30 horas), co patrocinio municipal e a organización do Club de Remo Virxe da Guía.
A tempada de bateis comezou hai quince días e non rematará ata finais de abril. A proba viguesa, que tamén é o IX Memorial Marcelino Barciela, “Lini”, figura como a terceira etapa da Liga Territorial Sur de bateis, e en ela competirán uns seiscentos (600) remeiros e remeiras dunha ducia de clubs da provincia.
Abel Caballero presentou o evento e non dubidou en manifestar que a ETEA “é un lugar marabilloso para remar” que comparou cunha xigantesca piscina “de cincuenta metros de profundidade”. Os bateis competirán en categoría sénior, masculina e feminina, pero tamén nas de formación (alevín, infantil, cadete e xuvenil).
O rexedor, que definiu ao Virxe da Guía como un club “excepcional” polo seu traballo no remo (contan con sesenta remeiros e remeiras que, ademais da tempada de bateis, farán a de traineiriñas), espera que as tripulacións viguesas fagan “unha gran tempada”.
Na rolda de prensa, o edil de Deportes, Manel Fernández, acompañou ao alcalde, mentres que o club, representado por Anxo Barciela e Miriam Figueroa, presidente e directiva da entidade, e por Juan Zunzunegui, o olímpico vigués, que é director técnico da renovada Federación Galega de Remo