Escoitar

A exposición “A camelia, flor de Vigo” encherá a rúa Príncipe ata o 5 de marzo

Serán 14 tótems triangulares nos que se fala das características da camelia, co ornamentación da flor que dai nome á exposición. Vigo celebrará o 58º Concurso Exposición Internacional da Camelia os 4 e 5 de marzo no Auditorio Mar de Vigo.

xoves, 23 feb 2023

Abel Caballero anunciou que desde mañá, 24 de febreiro, a rúa Príncipe lucirá a exposición “A camelia, flor de Vigo”, que estará na céntrica rúa comercial ata o 5 de marzo.

A exposición constará de 14 tótems triangulares nos que se falará das características da camelia e, nunha das caras, representarase a imaxe dunha personaxe pertencente a distintos ámbitos da sociedade (artes escénicas, investigación, literatura, pintura...). Contará cunha caseta de información sobre a camelia. Todo o conxunto, estará ornamentado con xardíns efímeros, nos que se resaltará a imaxe da camelia como planta ornamental.

Na mostra anunciarase o 58º Concurso Exposición Internacional da Camelia que se celebrará no Auditorio Mar de Vigo os días 4 e 5 de marzo de 2023.

Descargar todas as imaxes