martes, 21 febreiro 2023

Caballero valorou o Cidade de Vigo de Hip-Hop, este sábado, como a aposta por unha disciplina "en crecemento"

martes, 21 feb 2023

O Trofeo Cidade de Vigo de baile deportivo regresa ao escenario onde empezou, o pavillón municipal de Candeán, e se reinventa, pois por vez primeira o torneo desdobrarase en dous eventos, un específico para Hip-Hop e outro para as modalidades standard e latinos, ritmos caribeños e danza coreográfica. A data dese segundo campionato vaiase anunciar nas vindeiras semanas.

Vigo celebra hoxe o concurso de disfraces e a queima do Meco

martes, 21 feb 2023

Para este martes 21 de marzo, o Concello convoca o concurso de disfraces con modalidade infantil e de adulto dende as 17:30 horas da tarde. Tal e como explicou o rexedor, ás 20 horas dará comezo a actuación da orquestra “La Travesía” en Porta do Sol, coa queima do Meco en Policarpo Sanz ás 20:45h e a continuación o segundo pase da orquestra.

O alcalde visita a Residencia Santa Marta

martes, 21 feb 2023

Abel Caballero achegouse este martes ás instalacións do centro, situado en Alcabre, onde foi recibido por un grupo de residentes e onde tivo a oportunidade de coñecer o traballo que desenvolven as Irmás dos Anciáns Desamparados e o resto do persoal coas preto de 100 persoas que conforman a comunidade nestes momentos. Durante a visita, o rexedor saudou ás mulleres que cantan no coro, aos residentes que participaban no taller de memoria ou no de informática.