Escoitar

O TSXG avala a compensación económica de 172.000 euros que o Concello outorgou a Dornier

Unha resolución do TSXG ratifica a compensación económica de 172.000 euros que o Concello outorgou a Dornier S.A. polos servizos prestados entre 2014-2018. A empresa reclamaba 2,5 millóns pero o xulgado denegou esta pretensión.

luns, 20 feb 2023

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitiu sentenza desestimatoria do recurso de apelación interposto por Dornier S.A. que consideraba insuficiente o importe de liquidación do contrato XER determinado polo goberno local en vía administrativa. A resolución xudicial, que ratifica a de primeira instancia, resolve que a compensación recoñecida polo Concello de 172.511,43 euros polo período 2014-2018 era a correcta. A empresa reclamaba 2.521.170.55 euros máis xuros de demora, unha contía que o xulgado coida “absolutamente extemporánea” dándolle a razón ao Concello quen en vía administrativa xa lle recoñecía á empresa que xestiona a zona azul a compensación que agora ratifica a sentenza.

Descargar todas as imaxes