Escoitar

Vigo incorpora seis triciclos eléctricos ao servizo de limpeza

O alcalde presentou este luns na Porta do Sol os patinetes totalmente eléctricos cos que o persoal de limpeza percorrerá, principalmente, rúas peonís da cidade e que servirá “como complemento da limpeza tradicional”.

luns, 20 feb 2023
Caballero durante a presentación dos patinetes eléctricos
Caballero durante a presentación dos patinetes eléctricos

Desde a semana pasada o Concello ten en funcionamento catro triciclos eléctricos no servizo de limpeza municipal, dun total de seis que veñen de adquirirse.

Tal e como explicou o alcalde, a súa función é “complementar a limpeza que se fai de xeito tradicional”. Teñen espazo para levar ferramentas, dispoñen dun pequeno depósito de auga e mesmo están equipados cunha pequena pistola de auga a presión eléctrica para limpar a sucidade que non se pode recoller cunha escoba. Estarán en funcionamento en horario de mañá e de tarde.

Abel Caballero sinalou que, inicialmente, traballarán en zonas peonís, no centro da cidade e, posteriormente, o servizo ampliarase a “Teis, O Calvario, Lavadores, Travesía, Bouzas, Balaídos... a toda a cidade. É un sistema moi eficaz, que permite recorrer longas distancias”, apuntou. Os triciclos contan con sistema de autopropulsión e marcha atrás con ruídos cero e poden ser manexados por calquera operario do servizo.

O Concello adquiriu un total de 6 triciclos eléctricos por un importe de 5.800 euros a unidade, en función de como se desenvolva o seu funcionamento, “seguiremos comprando e engadindo ao servizo de limpeza da cidade”. Vigo, lembra o rexedor, é a “a cidade máis limpa de España e levamos un sinfín de vasoiras de platino” outorgadas.

Caballero durante a presentación dos patinetes eléctricos
Descargar todas as imaxes