O alcalde visita a Residencia Santa Marta
Abel Caballero achegouse este martes ás instalacións do centro, situado en Alcabre, onde foi recibido por un grupo de residentes e onde tivo a oportunidade de coñecer o traballo que desenvolven as Irmás dos Anciáns Desamparados e o resto do persoal coas preto de 100 persoas que conforman a comunidade nestes momentos. Durante a visita, o rexedor saudou ás mulleres que cantan no coro, aos residentes que participaban no taller de memoria ou no de informática.




