Escoitar

O Concello licita por máis de 673.000€ a renovación do asfaltado de 9 rúas do rural

A Xunta de Goberno Local tamén licitou as obras de pavimentación de Conde de Torrecedeira por outros 673.000€ e a adxudicación da contratación para a pavimentación das rúas Carme e Cesáreo González (173.000€) e Nigrán (103.000€).

martes, 21 feb 2023

 

O alcalde deu conta esta mañá da aprobación, na Xunta de Goberno Local de onte, de proxectos de pavimentación por 673.224,71 euros, que inclúen: a rúa Penís (Cabral); rúa Párroco Don Serafín (Teis); rúa Cantabria (Teis); rúa Fonte Escura (Lavadores); Camiño Sabaxans (Lavadores); Camiño Sampaio de Abaixo (Sampaio); rúa Parrocha (Bembrive); Camiño Besada (Candeán) e a rúa de Vista do Mar (San Xoán).

O rexedor tamén quixo avanzar que “estamos a piques de aprobar a renovación de firme e o inicio da humanización doutras nove rúas” como son: o Camiño Pousa (Castrelos); Camiño Couto (Beade); Camiño Rioboo (Salgueira); baixada Salgueira (Salgueira) ; Fuchiños (Oia); a estrada José Rivas (Coruxo); Camiño Caringosta (Alcabre); a rúa San Paio (Navia) e o Camiño San Xurxo (Saiáns). “En total, 18 rúas do rural por importe de 1,2 millóns de euros” destacou Caballero.

Tamén se licitaron as obras de pavimentación de Conde de Torrecedeira por 673.000€ e a adxudicación da contratación para a pavimentación das rúas Carme e Cesáreo González por 173.000€ e Nigrán 103.000€.

O alcalde quixo recordar tamén que está a piques de comezar as obras de Avenida de Fragoso, por 524.334 euros; a avenida Atlántida, por 298.689 euros; Padre Seixas e Porriño, por 329.921 euros; a rúa Coruña; por 514.343,48 euros e Marqués de Valladares; por 214.109 euros.

Descargar todas as imaxes