venres, 4 xaneiro 2013

Caballero presentou unha medalla "distintiva de Vigo", que se estreará mañá no Torneo de Reis de fútbol 7 en Samil

venres, 4 xan 2013

A segunda edición do Trofeo de Reis de fútbol 7, previsto para mañá sábado no complexo deportivo municipal de Samil (10:00 horas), presentouse hoxe en Alcaldía con catro equipos invitados máis respecto ao ano pasado (pásase de 17 a 21) e uns 210 xogadores e xogadoras de entre 6 e 11 anos de idade, dado que o torneo é mixto. Xógase en catro campos á vez.

Mercado de Reis

venres, 4 xan 2013

O sábado 5 de xaneiro, FEIRA, convértese no mellor lugar para buscar o agasallo perfecto, produtos artesanais e ecolóxicos. Cestos, cerámica, bixutería, cantería, obxectos de madeira, metal, coiro, libros, xoguetes, artigos tanto para home como para muller, para os nenos, para os avós…

BANDO "CABALGATA DE REIS"

venres, 4 xan 2013

Co gallo da Cabalgata de Reis adoptaranse as seguintes medidas en materia de tráfico e seguridade para o sábado, 5 de xaneiro de 2013:<br /> Percorrido e horarios: ás 17,00 horas terá lugar o acto da recepción das autoridades ás SSMM os Reis Magos na Porta do Sol.<br /> A saída da comitiva da Cabalgata de Reis está prevista para as 18,00 horas e percorrerá as rúas de García Barbón (dende o nó de Isaac Peral, Policarpo Sanz e Porta do Sol.<br /> O remate está previsto na Porta do Sol. O desmonte da comitiva terá lugar no Paseo de Afonso XII, rúa de Romil e rúa de Cachamuíñas.