Escoitar

O rexedor presentou o Circuíto de Carreiras Populares, que aspira a levar a 12.000 atletas ás rúas este ano

O alcalde de Vigo desvelou hoxe a identidade das probas adscritas á quinta edición do circuíto de carreiras populares, que o Concello non só mantén senón que vai a potenciar en 2013 cun incremento dos premios en metálico, sumando unha nova categoría e adherindo máis probas ao programa. "Son nove máis unha", asegurou o rexidor municipal, en relación a que a Media Maratón Cidade de Vigo, prevista para o 12 de maio, "aparecerá próximamente".

xoves, 3 xan 2013
1357233335carreras.JPG
Caballero presentó a versión 2013 das carreiras populares. "É unha magnífica serie de carreiras", advertiu, e anunciou o comezo do circuíto para o vindeiro día 13 coa proba 10 km Correndo por Vigo. A serie de eventos rematará de novo o derradeiro domingo antes de Nadal coa tradicional carreira do pavo. O circuíto aposta por fidelizar as carreiras máis históricas do atletismo vigués en ruta, sumando novos percorridos que se van consolidando. Así, este ano as novidades son Correndo por Vigo (13 de xaneiro) e a 10 km Praia de Samil (29 de setembro), logo do seu bo inicio en 2012. A Media Maratón de Vigo dará os mesmos pasos e formará parte do circuíto en 2014.

Á conferencia de prensa asistiu un grupo de organizadores das carreiras populares (Jesús Martínez pola delegación da Federación Galega de Atletismo e os promotores David Posada, Álvarez Salgado e Guillermo Janeiro) que o alcalde definiu como "o núcleo duro que fai que isto sexa posible e que significa o poderío da sociedade civil de Vigo". O alcalde, que marcou como reto que as carreiras pedestres de Vigo "sumen este ano 12.000 atletas" (foron algo máis de 10.000 en 2012), asegurou "terse quedado prendado con este deporte: o día 31 chovía o que non está escrito, Castrelos estaba encharcado, embarrado, con ríos de auga... e houbo mil atletas que acabaron contentos e entusiastas por saír e rematar; é a mostra dunha afección inigualable e digna de ser elogiada, pero tamén dunha vocación deportiva e dun entusiasmo extraordinario", sostivo. "Dende a Alcaldía aprendín o que significa a tradición e o empuxe deste deporte e hai que ir situando ao atletismo no corazón de Vigo", concluíu.

Os organizadores de carreiras, que acudiron xunto co concelleiro de Deportes, Manel Fernández, agradeceron o "apoio do Concello a esta iniciativa" que entra na súa quinta edición e que definiron como "interesante e motivante", asegurando que "o Concello foi pionero en apoiar estas carreiras" e que "esta acción enriquece á cidade porque promociona o deporte popular". Ademais, insistiuse na "importancia de que cada vez creza máis o número de mulleres que practica deporte". De feito, unha das medidas tomadas para o regulamento de 2013 é eliminar o número mínimo de participantes femininas a partires dos 50 anos, unha suxestión que coñeceu o alcalde "personalmente" dos organizadores de carreiras que aportaron melloras na normativa. "Queremos animar a participación feminina", manifestou Caballero.

As carreiras que conforman o circuíto 2013 son Correndo por Vigo (13 de xaneiro), 10 km Cidade Universitaria (10 de marzo), Media Maratón Vig-Bay (17 de marzo), Nocturna de San Xoán (23 de xuño), Xornadas Marisqueras do Berbés (8 de setembro), 10 km Praia de Samil (29 de setembro), Vigo11 (20 de outubro), Subida ao Castro (15 de decembro) e Carreira do Pavo (22 de decembro). Serán cinco carreiras de 10.000 metros, unha media maratón (21.097 metros), dous 8.000 e a atípica Subida ao Castro, de 2.100 metros e 357 chanzos.
Descargar todas as imaxes