Exposición "Arquivo Fotográfico Pacheco. Arquivo vivo" na Casa das Artes
Desde o xoves e ata o 7 de abril a Casa das Artes acolle a exposición "Arquivo Fotográfico Pacheco. Arquivo vivo".O alcalde invitou a toda a cidadanía a visitar a exposición porque "van atoparse coa súa historia".
A exposición Arquivo Fotográfico Pacheco. Arquivo vivo mostra unha parte da diversidade temática do seu fondo a través dos traballos de investigación ou editoriais que durante o ano 2012 empregaron as imaxes do arquivo Pacheco.
Os temas desta mostra son agrupamentos interpretados sobre os diversos traballos ou estudos que sinalan algúns dos asuntos troncais do arquivo: industria conserveira e naval, outras industrias e empresas, traballos sobre a historia local, arquitectura e urbanismo e temáticas máis variadas (retrato post-mortem, embarcacións, …). O deporte, a guerra civil, o retrato de estudio, as mulleres ou a vida social tamén foron tratados noutras exposicións e publicacións.
En canto ás autorías dos traballos, sinalar algúns nomes que elaboraron os textos: Xisela Franco, directora da serie Raíces, Gerardo González Martín, José Luis Mateo Álvarez, Alberte Reboreda Carreira, Pablo Martínez Otero, Mª Jesús Montes; sen esquecer outras autorías e, en particular, aos estudantes que se comunicaron co arquivo para completar traballos académicos.
Á vez, o Concello de Vigo, como entidade titular do arquivo, atendeu traballos destinados a consolidar a súa recuperación e difusión: unha diagnose interdisciplinar, máis ampla; melloras significativas nas condicións de conservación, construción dun sistema de catalogación con referencias arquivísticas ou implantación de software libre. Son medidas que asentan as bases da continuidade da catalogación, dixitalización e documentación dun fondo que mostra a evolución de máis dun século da cidade de Vigo e mesmo doutras localidades de Galicia.
Unha vez máis, as imaxes consideradas en proxectos realizados neste ano 2012, poñen en valor o noso patrimonio cultural, visual e arquivístico, de titularidade pública.
Descargar todas as imaxes