O rexedor afirma que a presión fiscal baixou en Vigo nun punto e medio mentres sube en todas as cidades de España
A presión fiscal en Vigo caeu nun punto e medio, tendo en conta que o IPC subiu , case un 3%, moito máis do que subiron as taxas municipais (2,1%) e que se conxelou o transporte urbano e a auga. Esta baixada contrasta, dixo o rexedor, coa tendencia xeralizada de subidas no resto dos municipios de Galicia e de España.
Abel Caballero explicou esta mañá que a presión fiscal en Vigo caeu nun punto e medio, xa que o IPC subiu prácticamente un 3%, moito máis que as taxas municipais (2,1%) e que se conxelou o billete de autobús urbano e a auga. Diante dos medios de comunicación, matizou que antes desta caída Vigo xa tiña a presión fiscal máis baixa de Galicia, moi por debaixo de Pontevedra, Coruña, Lugo, Ourense ou Santiago. Respecto do IBI, a cidade olívica tamén está "significativamente" por detrás de A Coruña ou Santiago. Expresou a súa vontade de dar a coñecer estes datos "porque o Concello fai un esforzo moi importante para que os cidadáns paguen menos".
Fronte a esta tendencia en Vigo, resaltou que en A Coruña o recibo de auga subiu un 127%, que o ferrocarril de cercanías aumentou nun 3%, o mesmo que o recibo da luz. Situou a suba das peaxes nun 10%, o IVE nun 3% e o billete interurbano no resto de España nun 6%.