Doce carrozas e oito grupos de animación formarán a comitiva da Cabalgata de Reis
Abel Caballero visitou as carrozas nas que van percorrer as rúas de Vigo as súas Maxestades de Oriente. Este ano, a comitiva estará formada por 12 carrozas, ademáis de 8 grupos de animación, todos eles baixo a temática dos océanos e os mares, aproveitando que o 2013 está declarado ano internacional na esfera da auga.
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ata o Ifevi para coñcecer os detalles das carrozas nas que os Reis Magos desfilarán por las rúas de Vigo o próximo sábado, 5 de xaneiro. Baixo a temática, Os océanos e os mares (o 2013 é o ano internacional na esfera da auga) , 12 carrozas e 8 grupos de música darán vida a unha comitiva, na que participarán máis de 1.200 persoas. Un autobús de Vitrasa, un camión de bombeiros, un grupo de xinetes, axentes da Policía Local de gala e un grupo de automóviles antiguo competarán o desfile, no que destacan as tres carrozas reais e a do paxe. Ao longo do evento, tal e como explicou o rexedor, repartiránse máis de 4.000 kilos de caramelos sen glútem.
A comitiva real sairá ás 18,00 horas polas rúas García Barbón e Policarpo Sanz e a chegada, á Porta do Sol, está prevista ao redor das 20,00 horas. Respecto do tráfico, o día 5, desde as 10,00 horas non se permitirá o aparcamento en todo o percorrido e os cortes de tráfico comezarán ás 16,00 horas nas seguintes zonas: Sanjurjo Badía-Enrique Lorenzo; saída autopista Isaac Peral; Areal-Oporto; Areal- "Paelleira"; Colón Areal; Paseo de Alfonso; López de Neira-Doutor Cadaval; Alfonso XIII-Cervantes; Urzáiz-Lepanto; Urzáiz-México; Urzáiz-Vázquez Varela; Miragaia-Rosalía de Castro; Candeleiro-Rosalía de Castro; Oporto-Rosalía de Castro; República Arxentina-Uruguay. As únicas entradas e saídas á zona do Areal- Rosalía de Castro-zona Compostela-Beiramar serán por la rotonda de Julián Estévez e rúa Coruña.
Caballero lembrou que ese mesmo día 5, entre las 10,00 e as 13,30 horas, os Reis Magos visitarán hospitais e centros socias. Concretamente, achegaránse a Povisa, ao Xeral Cíes, á Casa de Emerxencia para mulleres vítimas de malos tratos, o Centro de Inclusión Social e as Hermanitas de ancianos desamparados.
As entidades colaboradoras coa cabalgata de Reis deste ano son: PSA-Citroën, Coca Cola, El Corte Inglés, Alcampo, Centro Comercial Gran Vía, Gadisa, Asociación Española de Clase Internacional Vaurien, Boch Comunicaciones Center , ademais da Policía Local.
Descargar todas as imaxes