O alcalde aboga por reeditar a colaboración institucional do Plan de Competitividade Turística
Abel Caballero fixo esta mañá un chamamento a manter a colaboración entre Goberno de España, Xunta e Concello para asinar un segundo Plan de Competitividade Turística, avanzando que o Goberno municipal está disposto a aportar a mesma cantidade que no actual. Así o explicou durante a presentación da nova páxina web de Turismo de Vigo, nun acto no que destacou a capacidade endóxena de Vigo para atraer visitantes.
O rexedor explicou esta mañá que Vigo está a buscando o seu espazo na industria turística "nunha senda que non é fácil pero cun futuro prometedor". Acompañado polo concelleiro de Turismo, Cayetano Rodríguez, e o xefe territorial de Educación, César Pérez, Caballero destacou a resistencia desta industria "que amosou unha capacidade de aguantar mellor a crise que outros sectores". Explicou que o turismo "ten unha enorme perspectiva global para todos os territorios que teñan capacidade endóxena de atraer turismo e Vigo a ten". Nas súas verbas, a nova páxina web de turismo Vigo 2.0, desenvolvida dentro do Plan de Competitividade Turística, simboliza a vontade e a vocación entre tres administracións (Goberno Central, Xunta e Concello) e supón "unha chamada ao turismo a través dos medios máis modernos e con capacidade de interacción". Ao longo da súa intervención, abogou por "ser capaces de asinar un segundo plan de competitividade" para o que se ofreceu a aportar a mesma cantidade que para o actual.
O turismo, proseguiu, é mais que economía, é intercambio de persoas, coñecemento, relacións entre pobos. Na súa opinión, este sector require de claves para ser capaz de concitar vontades e "Vigo está tratando de buscar ese espazo, con vontade de facelo" ao tempo que destacou as Illas Cíes como o segundo atractivo turístico de Galicia, tras a Catedral de Santiago, a gastronomía, a paisaxe, o clima...Insistiu na necesidade de sumar esforzos para que cando Vigo supere a crise a cidade este en condicións de dar un salto turístico cualitativo "ese é o reto máis importante que temos por diante".
A presentación, que se desenvolveu na Casa Galega da Cultura, contou con moitos profesionais do sector e tivo como peche unha actuación de Eladio e Os Seres Queridos.
Descargar todas as imaxes