xoves, 27 dec 2012
Os tres grupos políticos con representación municipal respaldaron este xoves unha moción nacionalista prestando o apoio da Corporación "ás demandas de indulto perante o Ministerio de Xustiza para David Reboredo", vigués extoxicómano xa rehabilitado, colaborador na reinserción doutros afectados, que cumpre condena polo tráfico dunha papelina de heroína.
xoves, 27 dec 2012
Todos os grupos políticos apoiaron na sesión plenaria de hoxe xoves unha moción socialista que solicita á Deputación que contribúa no finanzamento da Uned de Vigo, tal e como fai noutros concellos da provincia. A concelleira de Educación, Raquel Díaz, lembrou durante o debate que ata o de agora foi o Concello de Vigo o que costeou íntegramente a posta en funcionamento da aula de ensino a distancia.
xoves, 27 dec 2012
Todos os grupos políticos apoiaron unha moción do PP na que solicita a elaboración dun plan integrado de transporte urbano para a cidade de Vigo. O concelleiro de Tráfico, Carlos López Font, avanzou o apoio do Goberno municipal a este texto posto que o devandito plan xa está elaborado.