venres, 28 decembro 2012

O alcalde aboga por reeditar a colaboración institucional do Plan de Competitividade Turística

venres, 28 dec 2012

Abel Caballero fixo esta mañá un chamamento a manter a colaboración entre Goberno de España, Xunta e Concello para asinar un segundo Plan de Competitividade Turística, avanzando que o Goberno municipal está disposto a aportar a mesma cantidade que no actual. Así o explicou durante a presentación da nova páxina web de Turismo de Vigo, nun acto no que destacou a capacidade endóxena de Vigo para atraer visitantes.

O Concello organiza o Parque Infantil de Nadal, do 2 ao 4 de xaneiro no Auditorio Mar de Vigo

venres, 28 dec 2012

A Concellería de Cultura e Festas organiza, dentro da súa programación de Nadal, o Parque Infantil do Nadal de Vigo-PINVI que terá lugar os días 2, 3 e 4 de xaneiro no vestíbulo do Auditorio Mar de Vigo; o parque contará con diversas actividades para distintas idades: inchables, espazo multiaventura, recuncho de multixogos, obradoiro de educación vial, a presenza do carteiro real e actuacións en directo do pallaso Popín, de monicreques e de Magos.

Casting para o musical PETER PAN ON ICE

venres, 28 dec 2012

A produtora do espectáculo familiar sobre xeo, "Peter Pan on Ice", invita a todas as nenas e nenos da cidade de Vigo a subir ao esceario para ser protagonistas do inicio deste musical, versión modernizada do clásico británico que durante anos ten triunfado nos teatros de Broadway.