Escoitar

O Pleno solicita un plan actualizado sobre o modelo de transporte urbano da cidade de Vigo

Todos os grupos políticos apoiaron unha moción do PP na que solicita a elaboración dun plan integrado de transporte urbano para a cidade de Vigo. O concelleiro de Tráfico, Carlos López Font, avanzou o apoio do Goberno municipal a este texto posto que o devandito plan xa está elaborado.

xoves, 27 dec 2012
PSOE e BNG deron luz verde a unha moción popular que solicita a elaboración dun plan actualizado de transporte urbano para a cidade de Vigo. Durante o debate, o edil de Tráfico, Carlos López Font, avanzou que este plan xa está elaborado e que será aprobado próximamente en Xunta de Goberno.

Outra das mocións do PP aprobadas na sesión plenaria desta mañá, neste caso cos votos a favor do PSOE e en contra do BNG, solicita ao Goberno municipal o inicio dunha liña de colaboración a nivel social, en coordinación coas traballadoras sociais, para fortalecer as actuacións do Programa en prevención da Enfermidade tuberculosa. O texto defendido polos populares insta ademais a permitir a estadía por riba dos 10 días en pacentes sen fogar incluidos no Programa de Saúde Pública de tratamento supervisado fronte a enfermidade tuberculosa.