Escoitar

Os plans municipais de emprego deron traballo a máis de 3.000 persoas en Vigo

Abel Caballero cifrou en máis de 3.000 os postos de traballo que xeraron en Vigo os plans de emprego desenvolvidos desde o Concello. Así o explicou esta mañá, logo de asinar un convenio por importe de 10.900 euros coa asociación de veciños de San Pedro de Matamá para xerar un emprego.

mércores, 26 dec 2012
1356540466empleo.JPG
Máis de 3.000 vigueses atoparon traballo ao amparo das políticas de emprego desenvolvidas desde o Concello ao longo de 2012. Tal e como relatou o rexedor, o Plan de Emprego Municipal, cun investimento de 2,4 millóns de euros, xerou 358 empregos no que vai de ano, unha cifra á que hai que sumar outros programas municipais, que supoñen un investimento superior aos 8,3 millóns de euros para formarlizar 884 contratos. A esta aposta polo emprego, dixo, engadimos as políticas keynesianas, polo que os postos de traballo superan os 3.000. Este balance, engadiu, "danos forza moral para reclamar á Deputación e Xunta investimentos similares porque a tasa de paro quedaría reducida nun tercio".

Ao convenio de emprego asinado coa asociación de veciños de Matamá, súmase outro, neste caso cultural, que o rexedor rubricou cos responsables do Círculo Cultural, Mercantil e Industrial de Vigo. O Concello concede á entidade 10.000 euros para apoiar os seus actos públicos e institucionais.
Descargar todas as imaxes