Escoitar

Caballero cualifica de "insuperable" a unión da música de Carlos Núñez e Vigo nun concerto

Abel Caballero animou a todos os vigueses a acudir ao recital que mañá ofrecerá Carlos Núñez no Auditorio Mar de Vigo a partir das 21,00 horas. O concerto está enmarcado nunha xira na que, ademais de ofrecer a súa música, o artista actúa como embaixador turístico da cidade e xa lle levou a cidades de Estados Unidos, Canadá e Reino Unido.

mércores, 26 dec 2012
1356542509carlos.JPG
O Auditorio Mar de vigo acollerá mañá a partir das 21,00 horas un concerto de Carlos Núñez, no marco de "A xira de Vigo e Carlos Núñez", un conxunto de concertos que ven ofrecendo desde outono nos que ademáis de difundir o seu traballo están a servir para promocionar Vigo como destino turístico. Durante a rolda de prensa de presentación do recital, Caballero destacou "o conxunto insuperable" de unir a expresión artística dun "xenio" e a presenza de Vigo. Agradeceu ao músico que aceptara ser un "bastión de proa" á hora de dar a coñecer Vigo "por tantos lugares", en referencia ás cidades de Estados Unidos, Canadá ou Reino Unido -ademais de Barcelona e Madrid- nas que ademais de cantar, o músico ofrece charlas nas que degrana as posiblidades turísticas da cidade.

Durante a súa intervención, o artista explicou que a "A xura de Vigo e Carlos Núñez" é froito dun traballo "en equipo" co Concello e apuntou que os principais embaixadores da cidade son os propios vigueses.
Descargar todas as imaxes