Caballero suscribe a petición dos empresarios do Porto de reclamar unha cidade de transporte no sur de Galicia
O alcalde de Vigo pasou esta mañá revista á situación do Porto durante un encontro que mantivo con responsables de Logidigal, asociación de empresarios da estiba, descarga ou loxística de Vigo. A necesidade de contar cunha cidade de transporte no sur de Galicia ou converterse en porto nodal europeo son as principais conclusións da reunión, tal e como explicou Caballero.
Abel Caballero comprometeuse esta mañá en trasladarlle á Xunta de Galicia a necesidade de que o sur de Galicia conte cunha cidade do transporte, unha infraestrutura "imprescindible" para cargar a descargar mercadorías, un papel que ata o de agora ven sendo suplido "polo esforzo do Porto". Esa foi unha das preocupacións que lle trasladaron os responsables de Londidigal, cos que esta mañá mantivo un encontro para pasar revista á situación da terminal viguesa. Estes empresarios da estiva, descarga ou loxística de Vigo tamén lle trasladaron a súa disconformidade con que unha empresa do porto de Leixoes opere no Porto de Ferrol grazas a unha subvención da Xunta e facendo competencia a Vigo.
A necesidade de que Vigo sexa porto nodal europeo foi outro dos asuntos que se abordaron durante a reunión. Segundo explicou en rolda de prensa, o rexedor comprometeuse cos empresarios a "redobrar esforzos" para conseguir que Goberno de España, Xunta e Concello traballen xuntos na busca dunha estratexia que permita converter a Vigo en porto nodal. Urxiu de novo á ministra de Fomento e ao presidente da Xunta a manter o encontro que lles demandou por carta "porque se non traballamos xuntos ao máximo nivel internacional non o imos conseguir". Rematou trasladando, unha vez máis, todo o empeño de cooperación e colaboración do Goberno municipal co responsable da Autoridade Portuaria.
Descargar todas as imaxes