O Parque Infantil de Nadal reuniu na súa primeira xornada máis de 1.000 nenos no Auditorio Mar de Vigo
Máis de mil nenos disfrutaron onte da primeira xornada do Parque Infantil de Nadal organizado polo Concello no Auditorio Mar de Vigo. Durante tres días, os máis pequenos poderán participar nos xogos, obradoiros, espectáculos ou monicreques que forman parte desta "excepcional" idea de organizar un parque infantil no centro da cidade.
Abel Caballero achegouse por segunda vez ao Parque Infantil de Nadal organizado polo Concello no Auditorio Mar de Vigo para comprobar como disfrutan os máis pequenos das múltiples actividades que se desenvolven no vestíbulo do edificio desde onte e durante tres días. Deste xeito e tal e como explicou o rexedor, nenos desde 1 ano poderán divertirse ata mañá nos xogos, obradoiros, espectáculos, na granxa, coas actuacións de Popín ou o Paxe Real, entre outras actividades. Cualificou de "excepcional" a idea de organizar unha iniciativa como esta no centro da cidade, a un prezo simbólico dun euro, "porque a cidade o demandaba".
Descargar todas as imaxes