A campaña municipal Unha bici-un sorriso permitirá entregar 187 vehículos a nenos e nenas de Vigo
O Concello entregará nos próximos días 187 bicicletas que previamente foron donadas e arranxadas para ser reutilizadas. Esta iniciativa forma parte do programa Unha bici un sorriso organizado desde a Concellería de Benestar Social, en colaboración coa Fundación Celta de Vigo, A Golpe de Pedal e dez tendas de bicicletas de Vigo.
Os Reis Magos achegarán nos próximos días 187 bicicletas a outros tantos nenos de Vigo, dentro do programa Unha bici.un sorriso, que a Concellería de Benestar Social puxo en marcha en colaboración coa Fundación Celta, A Golpe de Pedal e dez tendas especializadas de Vigo. O alcalde achegouse esta mañá ao Parque Municipal de Santa Cristina de Lavadores para revisar os vehículos e agradecer a todos os colaboradores o seu esforzo para que estes nenos poidan ter este ano a súa bici. A campaña de recollida de bicicletas, donadas por particulares e posteriormente arranxadas, permitiu reunir 210 vehículos, dos que 134 xa están para entregar, 53 están a piques de estar en estado óptimo, mentres que 23 tiveron que ser descartadas polo seu estado de deterioro.
Descargar todas as imaxes